Capacidades e produtos de innovación
- Capacidades | Avaliación de stocks pesqueiros mediante o uso de enfoques tradicionais e de ecoloxía molecular
Desenvolvemento de modelos de avaliación de stock para estimar o estado das poboacións de peixes e os valores de Rendemento Máximo Sostible das pesquerías a partir de datos de presión pesqueira e parámetros de dinámica de poboacións (abundancia, distribución, idade, fecundidade, etc.) obtidos mediante métodos tradicionais e técnicas -ómicas, que permiten unha resolución espacial moito maior.
- Capacidades | Avaliación da supervivencia das capturas incidentais pesqueiras e ecoloxía espacial de especies de peixes mediante técnicas de telemetría
Uso de marcaxe acústica e de técnicas de biotelemetría para seguimento do comportamento dos peixes e avaliación da supervivencia das capturas incidentais da pesca.
- Capacidades | Incidencia de patóxenos e avaliación do risco
Detección e identificación de patóxenos en animais salvaxes e de cultivo, así como en produtos do mar. Avaliación da relación entre a incidencia de patóxenos e diversos aspectos medioambientais e fisiolóxicos para levar a cabo avaliacións do risco en relación con patóxenos obxectivo.