Nutrición e saúde humana
Os produtos do mar constitúen un compoñente chave para unha dieta saudable. A calidade nutricional dos produtos do mar, que xeralmente é alta, non só está relacionada coa súa achega de proteínas, senón que tamén ten relación principalmente co seu contido en ácidos graxos poliinsaturados, en especial omega 3, así como cunha serie de micronutrientes esenciais.
A inxestión de peixe relacionouse cunha redución dos riscos de doenza cardiovascular. Tamén hai probas de que o consumo de peixe se relaciona con riscos reducidos de diabetes tipo 2, trastornos cognitivos e alteracións do desenvolvemento do sistema nervioso en fetos e durante a infancia. A cada vez maior concienciación sobre a relación entre saúde e dieta, xunto cos avances en técnicas de análise de alimentos, doenzas relacionadas coa nutrición e técnicas -ómicas, xerou unha nova demanda por parte das persoas consumidoras: produtos de nutrición personalizada ou de precisión dirixidos a públicos obxectivo concretos.
Porén, os contidos de nutrientes difiren segundo a forma en que se produzan, procesen, preparen ou consuman os produtos do mar. O valor nutricional é moi variable e depende da especie, da orixe e da época do ano. Aínda que se están a producir melloras continuas nos pensos, o peixe de cultivo adoita presentar perfís nutricionais máis pobres có peixe salvaxe debido ás diferenzas na súa dieta. A súa calidade nutricional vese afectada tamén polo manexo trala extracción, o procesamento, o transporte e o envasado. As técnicas de conservación tamén inflúen no mantemento do seu valor nutricional orixinal. A trazabilidade é de novo crucial para garantir a calidade do produto e evitar o fraude alimentario.
Aínda que o valor nutricional do peixe está amplamente recoñecido, existen algunhas dúbidas sobre o seu consumo relacionadas co aumento da aparición de alerxias e intolerancias aos produtos do mar, así como con riscos indirectos relativos a contaminantes emerxentes ou ao desenvolvemento de resistencia a axentes antimicrobianos.
O IIM-CSIC conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de innovacións en colaboración coa industria alimentaria para facer fronte a todos estes retos. A continuación podes ver todas as nosas capacidades e servizos asociados.
Capacidades
- Capacidades | Avaliación de ameazas e puntos de control críticos nas cadeas de valor dos produtos do mar
Avaliación e desenvolvemento de protocolos para identificar os puntos e produtos máis problemáticos canto á contaminación microbiolóxica e infestación parasitaria ao longo da cadea de valor dos produtos do mar.
- Capacidades | Prospección de novos compoñentes bioactivos
Prospección de novos compoñentes bioactivos en organismos mariños e en subprodutos da industria alimentaria, incluída a caracterización da súa actividade e a validación da súa aplicación en diferentes sectores (sanitario, cosmético, nutrición, etc.).
Proxectos activos
- BIOTRANSFER -

Polymicrobial L. monocytogenes-carrying biofilms as a key on the risk of listeriosis in foods

Investigador/a Principal:LópezCaboMartaInstitución financiadora:CSICFinanciamento para o IIM-CSIC:28557€Doao
Determinación de la calidad sensorial y química de especies marinas refrigeradas conservadas en distintos tipos de envases

Investigador/a Principal:AubourgMartínezSantiago PedroInstitución financiadora:CETMARFinanciamento para o IIM-CSIC:10145€Doao- SEAFOOD-ID -

ANALYTICAL STRATEGIES BASED ON NON-DESTRUCTIVE METHODS AND METAGENOMICS FOR THE CONTROL OF PRODUCTION METHOD AND GEOGRAPHIC ORIGIN

Investigador/a Principal:GonzálezSoteloCarmenPérezMartínRicardo IsaacInstitución financiadora:Proyecto PID2020-118012RB-C21 financiado por MCIN/ AEI /10.13039/501100011033Financiamento para o IIM-CSIC:168000€Doao - Contrato Programa -

AYUDA CONVENIO ENTRE CSIC Y LA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN -GAIN- PARA EL DESARROLLO DE PROGRAMAS DE I+D+i EN LOS INSTITUTOS DE INVESTIGACIÓN DEL CSIC EN GALICIA Y EN LOS CENTROS OCEANOGRÁFICOS DEL INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (CSIC-IEO). 2021-2022

Investigador/a Principal:SaboridoReyFranInstitución financiadora:Agencia Galega de InnovaciónFinanciamento para o IIM-CSIC:521824€Doao - ANIBLOCK_ANICHAIN -

Investigación sobre párasitos del pescado, principalmente anisakis y otros.

Investigador/a Principal:GonzálezGonzálezÁngel FranciscoInstitución financiadora:MERCADONA SAFinanciamento para o IIM-CSIC:41013€Doao
Investigación sobre párasitos del pescado, principalmente anisakis y otros.

Investigador/a Principal:GonzálezGonzálezÁngel FranciscoInstitución financiadora:MERCADONA SAFinanciamento para o IIM-CSIC:33221€Doao- ISEAS -

Nanopartículas con hidrolizados de colágeno marino: aplicaciones en cosmética

Investigador/a Principal:PérezMartínRicardo IsaacInstitución financiadora:CSICFinanciamento para o IIM-CSIC:52000€Doao - ResiduoZero_2 -

Residuo Zero: Puesta en marcha de una planta piloto par ala transformación y elaboración de nuevos productos procedentes de la transformación de dorada y lubina Culmárex y en los planes de etiquetado de nuevos Productos.

Investigador/a Principal:MedinaMéndezIsabelInstitución financiadora:Culmarex S.A.Financiamento para o IIM-CSIC:24705€Doao - BBM -

Biotecnología y Bioprocesos Marinos

Investigador/a Principal:GonzálezSoteloCarmenInstitución financiadora:Ayudas cofinanciadas con fondos de la Agencia Gallega de Innovación de la Xunta de GaliciaFinanciamento para o IIM-CSIC:75000€Doao - ARMAS -

Estudio, diseño e implementación de estrategias de Análisis de riesgos para fortalecer las seguridad, calidad y calidez del Rape y la Merluza del Atlántico Sudeste frente a parásitos zoonóticos

Investigador/a Principal:GonzálezGonzálezÁngel FranciscoInstitución financiadora:Mascato SAFinanciamento para o IIM-CSIC:88417€Doao