Capacidades

  • Patente | Operación óptima para a produción de nisina

    Autoría: Marta López Cabo; Miguel Anxo Murado García; M P González Fernández; Laura Pastoriza EnrÍquez; Juan José Rodríguez Herrera; Lorenzo Miguel Pastrana Castro

    Método para a produción de nisina en cultivo somerxido baseada na realcalinización reiterada do medio, sempre que o cultivo manteña a capacidade de recuperar o seu nivel de estabilización, combinada cun réxime descontinuo de subministro de glicosa. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

  • Patente | Procedemento para a identificación de albacora ou bonito do Norte (Thunnus alalunga) en produtos de atún en conserva

    Autoría: Carmen González Sotelo; Isabel Medina; Ricardo Pérez Martín; Javier Quinteiro Vázquez; Manuel Rey Méndez

    Técnica para a identificación de Thunnus alalunga en produtos de atún en conserva, que comprende a amplificación dun fragmento de 187 pb (BDR) do xene do citocromo b do ADN mitocondrial mediante o uso secuencial de dúas endonucleases. Isto permite diferencialo doutras especies utilizadas como sucedáneos de Thunnus alalunga en produtos enlatados. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Procedemento para a identificación do zurdo liso (Auxis thazard) en conservas de zurdo liso

    Autoría: Carmen González Sotelo; Isabel Medina; Ricardo Pérez Martín; Javier Quinteiro Vázquez; Manuel Rey Méndez

    Técnica para a identificación de Auxis thazard en produtos de peixe en conserva, que comprende a amplificación dun fragmento de 187 pb (BDR) do xene do citocromo b do ADN mitocondrial mediante o uso dunha endonuclease de restrición. Isto permite diferencialo doutras especies utilizadas como sucedáneos de Auxis thazard. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

  • Software | SensSB: kit de ferramentas para o desenvolvemento e a análise de sensibilidade de modelos de bioloxía de sistemas

    Autoría: M. Rodríguez-Fernández and J. R. Banga

    Descrición: SensSB é un kit de ferramentas de software para análise de sensibilidade baseado en Matlab®. Esta ferramenta integra unha ampla variedade de métodos de sensibilidade locais e globais que poden aplicarse a modelos biolóxicos descritos por ecuacións diferenciais ordinarias (ODE) ou ecuacións diferenciais alxebraicas (DAE). SensSB tamén pode importar modelos no formato Systems Biology Mark-up Language (linguaxe de marcaxe para bioloxía de sistemas, SBML).

    Dispoñible aquí baixo petición.

  • Software | GLOBALm: método de agregación para problemas de optimización global con restriccións en Matlab

    Método descrito en Csendes, T., L. Pal, J.O.H. Sendin, J.R. Banga (2008). The GLOBAL Optimization Method Revisited. Optimization Letters, 2(4):445-454.

    O software está dispoñible baixo petición (escríbenos se che interesa).

Proxectos activos